E esperemos que por muitos anos. Artigo bonito sobre o galego... Didáctico, sim...
"Glotofaxia" á galega
Nonvos é unha receita de cociña popular nun restorán da diáspora galega.Non. Évos moi outra cousa. Veredes. Fora en Louis-Jean Calvet en quenlera eu por vez primeira ese vocábulo, e xa vai alá un bo mangado deanos. Na sua obra, audaz e pioneira, sobre lingüística e colonialismo,subtitulada explícitamente con este rótulo: "tratado de glotofaxia". Asresonancias desa gráfica expresión suscitaran de primeiras, no meumaxin, imaxes dalgo así como promiscuos rituais de canibalismolingüístico. E algo diso hai nos fenómenos que analisa e diagnosticaesa obra na sua dimensión sociolingüística, mesmamente. Na conflitivarelación desigual antre dous idiomas, e duas comunidades de falantes,con status diferentes e de distinto rango social e institucional nunmesmo ámbito político.
Se me permitides a licencia gráficamentesimplificadora, o resultado é que un diles acaba por devorar ao outro.E non só en países vítimas dunha historia colonial arquetípica ouclásica, non. Non só en países sometidos a calquera dos imperioscoloniais europeus, onde a cultura e o idioma da metrópole colonizadoraentrou en colisión dominadora coa cultura e o idioma "primitivos" dacomunidade aborixe. Non, non se trata só deses casos na obra de Calvet.Lonxe diso. Trátase tamén do conflito sociolingüístico antrecomunidades de falantes de dous idiomas europeus. Como poden ser obretón e o francés en Bretaña. Ou como poden ser tamén o inglés e ofrancés no Canadá. Si. Mesmamente aí reside o máis insólito eheterodoxo da pioneira achega analítica e diagnóstica desa obra deCalvet: en debullar con categorías de colonialismo lingüístico asconflitivas relacións asimétricas antre francés e bretón ou antreinglés e francés, en sociedades tan educadas, civilizadas e polidas, edentro duns marcos políticos tan democráticamente respeitosos dasliberdades cívicas individuais e colectivas, como pasan por ser os doCanadá ou da Franza. E máis en chegar a carimbar un neoloxismo, o deglotofaxia, para expresar inequívocamente a índole do fenómeno queconstitue o cerne espricativo dos procesos sociolingüísticos en custión-só que nun caso o francés devora, e noutro é devorado.
Mais,neoloxismos á marxe, a diagnose resultara reveladoramente escrarecedorado problema, e o método discursivo do estudo marcara un fito análogo,no eido da sociolingüística, ao que supuxera na socioloxía e naeconomía política a invención das nocións de colonialismo interno ouinterior polos Casanova, Lafont ou Wolpe. Con este siñificativoelemento común: botar por terra a conceición estática das sociedadesduais como binomio de compartimentos estancos disociados e coexistentesen condicións estábeis e duradoiras. No eido socioeconómico, asdiagnoses do colonialismo interno sentenciaban ao recinto social"tradicional" dominado a ser chuchado e espoliado, e finalmentederruído -devorado- polo modo capitalista dominante. No eidosociolingüístico, o síndrome da "glotofaxia" esvaía calquerverosimilitude dun bilingüismo estábel -disipaba calquer posibilidadede bilingüismo "harmónico". A clave, nos dous casos, estaba nasrelacións sociais de poder -e ningún marco normativo que non asinvertise podería evitar a destrución da comunidade máis feble, a suadeglución pola posuidora do status dominante. "Poisque a glotofaxia quecaracteriza ao colonialismo moderno e ao neo-colonialismo -sinalabaCalvet hai trinta anos- non consiste en convirtir en bilingües atódolos colonizados, senón simplesmente en impedirlles ás linguas doscolonizados á existencia de pleno dereito. E é mesmamente ese aspeitodo bilingüismo o que constitue a superestrutura lingüística de esenciacolonial".
Viñéronme á memoria estas vellas lecturas ecavilacións de hai tempo agora, cando eiquí onde estou, varios centosde kilómetros ao sul do meu país, chegan noticias que disque o novoxefe da dereita galega-coma-ti decidiu rachar o consenso en política denormalización lingüística do galego-na-Galiza, seica mantido na finadaera fraguián. Parecerávos un dislate, mais a verdade é que mereconforta que así sexa se así resulta se certamente -poisque asnoticias, nos tempos que andamos, compre tomalas a beneficio deinventário até que os feitos as corroboren ou desmintan. Reconfórtameesa decisión, se resulta ser certa, porque ven pór as cousas en claro eno seu sitio. En claro porque é preferíbel que o baile de mascaritasremate, que se tiren os antifaces todos e que cada actor bailarin actúee dea os seus pasos a rostro descuberto. E no seu sitio porque o lugaronde acontece o conflito, e onde se xoga o futuro do idioma galego, éna sociedade, na dinámica das relacións sociais e socioculturais -e nonna política institucional. Tentarei espricar estes dous asertos.
Arredordo idioma galego lévase xa demasiado tempo a praticar unha hipócrita etartufa ceremonia da confusión social e ideolóxica. Estáse a bailar origodón da normalización lingüística, que todo o mundo asegura anceiar,mais que cáseque ninguén di, nen sequer sabe, en qué consiste.Trasladada a ceremonia da confusión á instancia política institucional,convirtiuse nun interminábel baile de máscaras, sen a fermosa partituramusical da ópera de Verdi, mais cun enredo análogo no libreto, poisquetamén neste drama hai un crime -e a vítima é mesmamente o noso idiomana carne dos seus falantes.
Sabemos todos que na realidadesocial galega existe, dende hai séculos, un conflito lingüístico.Perdón, rectifico: percíbeo case todo o mundo, mais só determinadossegmentos cidadáns interiorizan que existe, e só o pensamento donacionalismo galeguista elaborou a diagnose da sua natureza conflictivae formulou propostas terapéuticas en clave política para a patoloxíasociocultural na que se manifesta o síndrome dese conflito lingüístico.De aí partiron, en orixe, tódalas iniciativas plantexadas até hoxe nasinstitucións políticas galegas. Mais, na dialética que suscitaron neseescenario, os restantes actores participaron provistos de disfracesvariados. Uns, porque non asumían a natureza conflitiva do problema,outros porque non compartían a diagnose, outros porque non estaban pololabor de pórlle remedio á doenza. Pero todos facían coma quen tenvontade de colaborar na solución, ninguén ousaba desentenderseabertamente do problema. De xeito que as estancias das instituciónspolíticas convirtíronse nun enorme salón de baile? de máscaras. Baileinterminábel, dixen: leva cáseque cinco lustros de duración eseantroido cortesán. Por iso me gorenta que a dereita galega-coma-tidecidise, se é que é certo, retirar a careta, parar de bailar, e dicirfrancamente que iles non están polo labor da normalizaciónsociolingüística do galego. Loábel decisión que pon as cousas en claro,poisque algúns, cando menos, xa sabiamos que, fóra do salón de baile,iles aplicábanse esmeradamente a praticaren a glotofaxia.
E isopermítenos pór as cousas no seu sitio, ou sexa, trasladarmos a acciónao lugar onde acontece o drama: a sociedade. E na dinámica social osconflitos non se resolven por consenso, senón pola dialética dacontradición. Dende os lonxanos tempos da famosa "doma e castración", oidioma galego, na prática social, tivo sempre unha connotación declase, até convirtirse nun estigma -de clase, mesmamente. E de aí adiglosia, que nada ten que ver con ningún bilingüismo, nen menos cunhaideal comunidade de cidadáns políglotas falantes de galego, inglés,español e os que lles boten por riba. Para iso están xa os exércitosinmemoriais de emigrantes na diáspora plurisecular. Saben iles moi beno que é iso, adeprendérono a forza de suor e bágoas -e tamén saben queseguiron sempre a pensar no seu idioma, o galego, a "língoa proletariado meu povo", que dixera o Celso Emilio.
De xeito que anormalización do uso social do idioma galego, cando se logre, suporá aextensión ao conxunto da cidadanía, meiante a difusión a traveso dosdiversos segmentos da estratificación social, do uso lingüístico que ahistoria do proceso colonizador da nación galega acabara por convirtiren patrimonio peculiar das clases dominadas e explotadas, das camadaspopulares do noso país. Mais ese desenlace ven ser nada menos que asíntese necesaria do proceso dialético que rexe a dinámica do conflitolingüístico na nosa sociedade, no que a tese é o noso idioma proprio ea antítese o idioma do colonizador, e no que o suxeito histórico éo ocomún cidadán da base popular da nación. Daquela, só o afortalamento dopoder do común permitirá acadar a normalización lingüística do galego.Só o avance e, ao cabo, o trunfo dese suxeto histórico permitiráresolver ese problema. Porque o combate cívico a prol do idioma é,simplesmente, unha das facianas e unhas das dimensións do procesodemocrático de emancipación que está en curso. Un proceso dialético noque, portanto, hai protagonistas e antagonistas que conven nonconfundir nen mesturar. Millor, xa que logo, que remate o baile demáscaras. Millor, daquela, que quen encarna a antítese no conflito dalingua retire a careta e así poidamos, os do común, recoñecer a suaauténtica visaxe: o rostro do colonizador. O glotófago - á galega.
se alguém lhe encontrar sentido a isto...
O retorno do Jedi 2!!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Etiquetas
- calidad (1)
- dinahosting (1)
- dominios (1)
- registro (1)
0 comentários:
Enviar um comentário