De roteiro pela net galeguinha encontrei um blogue muito engraçado que pretende dar com temas que ajudem a levantar o peito, o orgulho pátrio-mátrio... escolhi estas três, e cito textually sic sic!:
A primeira carta-bomba
A primeira carta-bomba foi obra dun galegoCorría o ano 1829. O máis célebre e acometedor dos farmaceúticos liberais galegos, José María Chao, inventa a primeira carta bomba da que se ten nova. Dela dá boa conta o xeneral Eguía, eivado para sempre a consecuencia dela e implacable perseguidor do boticario que, dende a trastenda da farmacia, conspiraba por unha revolución liberal democrática. Na rebotica viguesa dos Chao, a primeira fonte de información era o Times de Londres por empeño do vello José María, integrante do Batallón literario, que fixera de principio a fin a “Guerra da Independencia" no exército internacional de España, Portugal e Gran Bretaña. Entraran vitoriosos en Franza e voltaron falando entre tres e cinco linguas.
A Calculadora Automática
Calculadora automática, outro invento galegoPesa 22 quilogramos. Está feita de ferro e aceiro amarelo e ten un lugar na historia da informática: a Calculating Machine n¼ 3, a primeira calculadora capaz de multiplicar e dividir de forma automática. Movido polo “amor propio” e para contribuír “con algo” á ciencia, o estradense Ramón Verea idea o artefacto no Nova York do 1878 aínda que renuncia á explotación da patente, morrendo na indixencia e o esquecemento. O enxeño galego, que merece a medalla de ouro na Feira mundial de Cuba do XIX, era portada dos xornais da época -dende o Scientific American ao New York Herald- xunto a construción da ponte de Brooklyn ou a chegada da Estatuta da Liberdade. Custodiada nos depósitos da sede da IBM en White Plains de Nova York, o invento do escritor emigrante é decisiva no avance da computación e da entrada no mercado de máquinas como as míticas Olivetti.
A fachada do concello de Tokio
Granito galegoPoucos saben que a fachada do concello de Toquio en Xapón, de 55 pisos, está cuberta con granito galego, aínda que foi unha empresa italiana quen se encargou da execución. Non é estrano: Galiza é unha potencia mundial na extracción do mineral -o granito rosado é único no mundo- aínda que da súa manufatura se encarguen, nalgúns casos, outros. Cunha facturación de 360 millóns de euros ao ano, un nivel de exportación que acada a cifra histórica de 78 millóns de euros no 2005 e con medio millón de toneladas de tránsito, o granito galego -metáfora, símbolo e imaxe do país en debates identitarios- chega de Italia ao Extremo Oriente: impórtase do Brasil, Portugal, Suráfrica, Estremadura, India ou Guadarrama para diversificá-la oferta. En ningunha outra parte como aquí, medran as pedras.
se alguém lhe encontrar sentido a isto...
Coisas do País(Para inchar peito)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Etiquetas
- calidad (1)
- dinahosting (1)
- dominios (1)
- registro (1)
2 comentários:
Acabei de ler Maus!!!
hahaahaha, muito boa!
Enviar um comentário