Não percam isto que publica A Nosa Terra!
Mario Maceiras
‘Hai que rematar definitivamente co galego’
“Tan gallego como el gallego” é unha páxina web creada recentemente contra o galego no ensino. Mario Maceiras fai unha parodia dela no sitio “Tan gallego como el gazpacho”. Nesa páxina e nesta entrevista asume con retranca a defensa do español e a erradicación do galego.
Que pretende a súa páxina?
Demostrar que os galegos somos tan españois coma os que máis e que hai que poñerlle fin á irracionalidade de resucitar unha lingua morta.
Teño un amigo que di que o galego non é unha lingua morta, senón unha lingua zombi.
Seu amigo leva moita razón, se ben polo menos os zombis disque camiñan por aí. O galego é un elemento residual da evolución, como pode ser o óso palomo ou as mamilas nos homes. Trátase dunha lingua en estado vexetativo á que só resta darlle o golpe de graza. Temos que rematar definitivamente co galego, todo o demais só supón alongar innecesariamente a súa agonía.
A páxina non será unha parodia?
Iso é o que queren facer pensar os amigos da ETA. Non trato de ridiculizar a ninguén, só pretendo lembrarlles aos galegos quen segue a ser o auténtico inimigo. Hai lectores que si se decataron das boas e xenerosas intencións da páxina.
O medidor de audiencias Alexa indica que a súa páxina ten o triplo de visitas que “Tan gallego como el gallego”.
Iso sucedeu porque a nosa páxina amiga “Tan gallego como el gallego” centrouse unicamente na recollida de sinaturas contra o decreto de normalización do galego. Eu traballo cun obxectivo máis amplo: a imposición do español na rexión galega.
A todo isto, esta entrevista publicarase en galego. Non terá inconveniente?
Con vostedes vou facer unha excepción. O importante é darlle difusión a esta iniciativa, aínda que para iso haxa que empregar unha lingua morta, ou zombi. Por min como se a publica en quechua. Ademais pode que así algún galegofalante a entenda e entre en razón, quen sabe.
Esta páxina perpetrouna vostede só ou con axuda de alguén?
Os traballos de deseño e contidos son meus, mais concibinos despois de ver varias páxinas. Eu só canalizo moitas ideas que hai aboiando por aí. Iso si, nalgúns casos deille a volta á tortilla (española).
Quer cambiar o himno galego e a bandeira.
É lóxico que o himno dunha rexión española estea en español, e eu teño unha proposta. Con respecto á bandeira, hai que mudar esa bandeira argallada hai cen anos polos equivalentes aos amigos da ETA de hoxe por unha de consenso que amose a integración da rexión galega na nación española. Que mellor que unha rojigualda cun escudo galego no centro, por aquilo de contentar os separatistas!
De todas formas, a súa páxina xa recibiu ataques informáticos, supoño que por parte dos nacionalistas.
Efectivamente estou no punto de mira dos separatistas, pero o que máis me doe son os ataques que recibín da páxina amiga “Tan gallego como el gallego” acusándome deliberadamente de ser unha parodia da súa web. O que lles amola é que eu chego até onde eles nunca se atreverían a facelo en público. Porén, o éxito de cada quen está aí.
Que me di do PP? Acúsao de ser amigo da ETA por defender o galego.
Durante moito tempo exerceron como tal, negociando programas “normalizadores” cos inimigos de España, polo que podemos consideralos tranquilamente amigos da ETA, aínda que estando no goberno tentaban disimiular incumprindo sistematicamente os seus propios proxectos. Agora desmarcáronse por fin do consenso e xa non andan con ambigüidades, participan abertamente da cruzada contra o galego, como ten que ser. Carautas fóra.
Pensa que falar galego é pecado?
Tanto como pecado... non sei, mais cada quen asumirá as consecuencias dos seus actos no alén. O que si sei é que resulta pernicioso para as xeracións vindeiras. A moitos cústalles asumir idioma e cultura española, as mortes de touros, o faralaes, o gazpacho... pero con contribucións como "Tan gallego como el gallego" ou a miña poderemos ir substituíndo o galego por unha lingua máis viva, culta, melodiosa e apta para os negocios. Refírome ao español, faltaría máis.
Mais informasção:
tangallegocomoelgallego
se alguém lhe encontrar sentido a isto...
‘Hai que rematar definitivamente co galego’
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Etiquetas
- calidad (1)
- dinahosting (1)
- dominios (1)
- registro (1)
1 comentários:
Obrigadão camarada! aceito!
Enviar um comentário