O manés, lingua celta xa extinta da Illa de Man, resucita
O manés, idioma celta da Illa de Man cuxo derradeiro falante nativo morrera nos anos 70 do século pasado, está nun proceso interesantísimo de recuperación. Existen actualmente unhas 500 persoas que o falan fluidamente tras telo aprendido como segunda lingua pero o máis importante é que xa hai dúas ducias de crianzas que o teñen como lingua materna.
Para a resurrección do manés teñen sido de grande axuda as gravacións efectuadas durante o século XX por investigadores, en particular pola comisión irlandesa para o folclore en 1948, así como polo traballo do arroutado e falante fluído da lingua Brian Stowell. Actualmente o manés é usado como único medio de ensino en cinco das escolas primarias da illa, por unha compañía chamada Mooinjer Veggey, que tamén opera a única escola que ensina exclusivamente en manés, a Bunscoill Ghaelgagh. O manés é ensinado como segunda lingua en todas as escolas primarias e secundarias e tamén na universidade da Illa e no centro de estudos de manés.
tirado das ciberirmandades
máis cá(inglês)
se alguém lhe encontrar sentido a isto...
O manés, lingua celta xa extinta da Illa de Man, resucita
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Etiquetas
- calidad (1)
- dinahosting (1)
- dominios (1)
- registro (1)
1 comentários:
Solidaridade entre os povos celtas!!!
Avante com o Manês!!!
Enviar um comentário