Pedímosvos encarecidamente que difundades, se o tedes a ben, esta
mensaxe canto poidades.
Incrible !! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a
Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis
de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:
- O 21 de xuño, foi autorizada pola Xunta a Canteira A _Campa-Santa__
Eufemia_, (paxinas 2 e 17)
http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf
O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo
e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar
definitivamente co “Espazo Cultural do Courel”.
Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito
no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e
Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002,
confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17
Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto
Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización
http://www.amigosdaterra.net/cmn-album/main.php?g2_itemId=6426
Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un
río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais,
mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.
- O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao
“Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza”, polo que unha vez
aprobado no Parlamento, o Courel será declarado _“Concello Mineiro”._ A
minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)
http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf
- Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro _Parque
Eólico_, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra
do Oribio, no Camiño de Santiago.
http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/e6973315e9f833c9c125717600543020/3164adb99cc0fcc3c12572fe005990bf/$FILE/11700D048P063.PDF
¡¡¡ Agora, máis que nunca, seguimos coa campaña de recollida de
sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!
- Impríme o modelo:
http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20natural.pdfEN
- Mándaas ao seguinte enderezo:
“*Asociación SOS Courel”*.
*Santa Eufemia, nº 32, *
*Folgoso do Courel, 27327( Lugo.)*
Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina:
http://www.ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1216&mode=thread&order=0&thold=0
Amigas e amigos !!
se alguém lhe encontrar sentido a isto...
Ciberacción SOS-Courel
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Etiquetas
- calidad (1)
- dinahosting (1)
- dominios (1)
- registro (1)
0 comentários:
Enviar um comentário