Primeiro aclarar que o livro que sai na imagem está escrito por um terrível direitista assim que não lhe liguem nenhuma, ta certo? Mas o título era tão, tão sugestivo! Bom ao tema: leiam este interessante artigo sobre a política do PE, agora no governo na Nacionalíssima:
O goberno do presidente Zapatero efectivamente mantén unha política económica neoliberal que apenas se aparta da trazada polos gobernos de Aznar: as construtoras, os bancos e as multinacionais españolas continúan a acumular grandes beneficios anualmente (o ano pasado as empresas españolas incrementaron o 41% os seus beneficios empresariais), axudadas por unha política fiscal que lles rebaixa os impostos ás grandes empresas (para o próximo ano o goberno prescinde de recadar no sucesivo 4.500 millóns de euros anuais ao aplicar esa nova medida fiscal) e diminúe o tipo máximo do IRPF, o que cotizan as grandes fortunas persoais pasará do 45% ao 43%. Outro aspecto que reforza a tese de que a política social, ao estar intimamente asociada á política económica tamén é de dereitas é o feito de que o gasto público social por habitante é dos máis da vella Unión Europea dos 15 e representa o 62% da media da UE, malia que o noso produto interior bruto por habitante representa o 90% da media da UE, iso sen ter en conta que gran parte dese gasto público se desvía a usos privados (fundacións hospitalarias, colexios concertados...), o que supón unha deterioración da calidade do ensino e sanidade públicas, as únicas que por definición son democratizadoras e solidarias.
Clica para leres o artigo enteiro em altermundo.org
0 comentários:
Enviar um comentário