se alguém lhe encontrar sentido a isto...

A nova rádio galega


(de http://calidonia.blogaliza.org/)
Xa está emitindo para todo o Mundo (con cobertura de internet) a terceira canle radiofónica con música integramente feita ou tocada en Galiza ou en galego: Radio Blogaliza. Si, a terceira. Despois da desaparecida http://www.radiogaliza.net/ e da efémera Radio Fillos, e antes que o faga a propia Radio Galega Música. ;-)

A radio conta cun arquivo de máis de 1.200 cancións de música popular galega (MPG :-) ), e foron colgadas na rede polos seus autores ou polas discográficas para a súa difusión masiva a través da libre descarga, cando non publicadas directamente baixo unha licenza Creative Commons. Podes ler máis acerca das orixes e filosofía da radio aquí.

O Máximo Testapeza é o primeiro presentador que vén de fichar por esta emisora :-D . Polo de agora estase a experimentar o sistema Cotovia de síntese electrónica de voz humana, empregando a sindicación de contidos dos fluxos RSS para ‘ler’ algunhas das últimas noticias pubicadas na rede social informativa Chuza!. As posibilidades son moitas e habemos seguir fedellando, se os ventos son propicios.

Que a disfrutes!

1 comentários:

chicotilo disse...

Sem me dar conta dei-vos acesso à minha rotunda intimidade... nessa captura podeis ver o aspecto do meu flamante ubuntu studio(feisty)... com o meu firefox... hehehehe, que vergonha!

Etiquetas