se alguém lhe encontrar sentido a isto...

Demagogias, as de sempre, os de sempre


Isto é que é um bronzeado! Claro, tantos anos ao sol...e mesmo em horas de máximo risco de lesão cutânea! O caralho é que não morre de um cáncer de pele...!!!

Acabo de ler um interessante artigo de um blogue que acabo de conhecer mesmo agora. Faz uma achega de como se nos pode meter com -ou sem- calçador qualquer brilhante ideia para abaratar custos de produção, i.e. chimpar-nos à rua, ou flexibilizar a mão de obra -o teu pão que o pague Rita, a.k.a Papá Estado - via União Europeia fazendo uma extrapolação interesseira e claramente demagógica. E cito:

Dinamarca, o modelo que se debe imitar?


o contido do Libro Verde “Modernizar o Dereito Laboral para afrontar os retos do século XXI”, elaborado pola Comisión da UE. Cómpre lembrar que a nova receita máxica proposta é a “flexiseguridade” que (salvando o eufemismo) vén sendo desregularizar os contratos clásicos, principalmente a protección fronte ao despedimento, e por outro lado estabelecer unha “adecuada” protección fronte ao desemprego (que non é concretada e que queda fóra da relación laboral).

Trátase, en definitiva, de trasladar ao Estado os custes de permitir á patronal unha xestión aínda máis flexíbel da man de obra. Estabelecéndose, pois, unha nova vía de financiamento indirecta para as empresas.

Estes neoliberais agardan a nosa aceptación acrítica desta pérda de dereitos da maior parte da poboación en beneficio duns poucos (os de sempre).

Ao parecer, o novo modelo que se debe imitar é Dinamarca, fonte de inspiración dos gurús da Comisión. O modelo danés combina un mercado laboral totalmente flexíbel no cal se contrata e se despide sen apenas restricións, cunhas importantes prestacións sociais para as persoas desempregadas ao mesmo tempo que se potencian políticas activas de emprego.

É ben sabido que facer comparacións entre sistemas non é tarefa fácil. Non é posíbel extrapolar a realidade danesa a outros lugares, pois cada territorio ten as súas propias especificidades. Porén, se o pensamento único [unicelular] quere que imitemos a Dinamarca, a miña proposta é que antes de desregularizar a protección fronte ao despedimento intentemos mimetizar as seguintes especificidades que configuran a realidade danesa:

* Política de emprego descentralizada.

* Afiliación sindical do 80%.

* Tasa de desemprego: 4%.

* Tasa de temporalidade: 11%.

* Xornada laboral de 37 horas semanais.

* Salario mínimo para os nacionais parados con titulación superior de 3.810 € mensuais.

* Prestacións para o resto das persoas desempregadas que alcanzan os 2.580 € mensuais durante un máximo de 4 anos.

* O tipo máximo de presión fiscal para as rendas máis altas é do 59%.

* Cada traballador e traballadora ten cada ano dúas semanas pagadas para formación continua.

* Un traballador oi traballadora cualificada recibe de media doce pagas mensuais de 10.000 €.

* O salario medio das persoas con menor cualificación é de 5.000 € ao mes.

* O permiso de maternidade esténdese a dúas semanas antes do parto e outras 14 despois, ademáis de 32 semanas adicionais para repartir entre a nai e o pai. É dicir, un total de un ano!

* O permiso paternal é de dúas semanas.


Yeah! That's right guys!

0 comentários:

Etiquetas